mércores, 22 xuñ 2022
O alcalde valorou esta mañá o aumento do padrón municipal en 1.711 persoas desde o 1 de xaneiro. Con 299.321 habitantes a 15 de xuño de 2022, o rexedor avanzou que Vigo está na “raia” de superar os 300.000 habitantes.
mércores, 22 xuñ 2022
Abel Caballero presentou xunto á organización a segunda edición da feira deste sector máis grande de Europa, que duplica os expositores con respecto a súa estrea o ano pasado e terá representación internacional de Estados Unidos e Reino Unido.
venres, 17 xuñ 2022
O alcalde de Vigo sumou esta mañá a súa voz á das instancias xudiciais que solicitan que a Xunta implante as gardas 24 horas no partido xudicial de Vigo. Criticou a negativa do goberno autonómico a implementar unha medida que xa conta co apoio económico do Goberno de España.
xoves, 16 xuñ 2022
Desde o ano 2007, o Concello humanizou 1.048 rúas, das que 146 foron no último trienio no que a inversión se elevou a 358,6 millóns. Caballero presentou esta mañá o balance da súa xestión baixo o título 3+3 Vigo: cidade de éxito.
mércores, 15 xuñ 2022
A camiñada solidaria recadará fondos para Bicos de Papel e para a Asociación de nenos oncolóxicos de Galicia. O alcalde animou á cidadanía a sumarse ao evento, que sae o domingo, ás 11 horas da mañá, dende a Praza do Rei coa meta no Parque de Castrelos onde haberá festa e agasallos.
mércores, 15 xuñ 2022
O sector hoteleiro suma 157 habitacións na cidade nun momento que “Vigo está a converterse nun destino turístico dos máis importantes de España e Europa”, manifestou o alcalde na inauguración.
martes, 14 xuñ 2022
A Incubadora High Tech Auto de Galicia lanza a súa cuarta convocatoria para captar proxectos de emprendedores. O período para presentar candidaturas ao programa estará aberto desde o 14 de xuño ata o 21 de setembro de 2022.
venres, 10 xuñ 2022
Abel Caballero participou esta mañá nun almorzo informativo organizado por Executive Forum no que puxo en valor Vigo como “a cidade da economía, das empresas e os emprendedores” referíndose á colaboración público-privada como un modelo que “funciona e funciona ben”.
xoves, 9 xuñ 2022
Abel Caballero, xunto á concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, mantivo un encontro este xoves con Joaquín González, director xeral de Vegalsa-Eroski; Pablo Junceda, director xeral adxunto do Banco Sabadell; e con José Manuel Fernández Alvariño, presidente do grupo Alvariño. Xuntos promoven un novo supermercado Eroski e o reacondicionamento de toda a zona situada entre o cemiterio de Pereiró e Alcalde Portanet. Será ademais un centro “enerxeticamente sostible”, a área na que entra o grupo Alvariño, e contará co apoio do Banco Sabadell. O alcalde valorou que esta actuación permitirá “refacer unha zona enteira da cidade”.
mércores, 8 xuñ 2022
“O problema máis importante da cidade é a auga e imos resolvelo o Goberno de España e o Concello”, avanza, dada a oposición do goberno autonómico á solución proposta polo Estudo de Alternativas “avalado polo Ministerio de Medio Ambiente”.