O alcalde valora a iniciativa de Eroski, que proxecta un novo supermercado na contorna de Pereiró
Abel Caballero, xunto á concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, mantivo un encontro este xoves con Joaquín González, director xeral de Vegalsa-Eroski; Pablo Junceda, director xeral adxunto do Banco Sabadell; e con José Manuel Fernández Alvariño, presidente do grupo Alvariño. Xuntos promoven un novo supermercado Eroski e o reacondicionamento de toda a zona situada entre o cemiterio de Pereiró e Alcalde Portanet. Será ademais un centro “enerxeticamente sostible”, a área na que entra o grupo Alvariño, e contará co apoio do Banco Sabadell. O alcalde valorou que esta actuación permitirá “refacer unha zona enteira da cidade”.


