Caballero saudou aos participante do programa Depoemprende e louvou a súa acción
Acompañado pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o alcalde felicitou a todos os municipios e colexios: "Sodes as e os mellores nenas e nenos do mundo facendo cooperativas" e animou a cidadanía a comprar as súas "marabillosas" mercadorías. Depoemprende na Escoela é un proxecto educativo dirixido ós centros de Educación Primaria (5º e 6º curso) e de Educación Especial. A metodoloxía céntrase na creación de cooperativas escolares nas que o alumnado desenvolve unha serie de procesos de planificación e xestión, que teñen como fin a fabricación de produtos para a súa venda, a través da cal recuperan o capital inicial e obteñen beneficios dos que doan unha parte a accións sociais ou ONG que as socias e socios da cooperativa elixen por consenso.


