Escoitar

A FEMP valora favorablemente a ampliación de prazos de amortización a concellos en difícil situación financeira

Abel Caballero amosou esta mañá o seu recoñecemento á modificación das condicións financeiras dos préstamos formalizados polas Entidades Locais no marco do Fondo de Financiamento

martes, 7 xuñ 2022
Abel Caballero durante a rolda de prensa en Alcaldía
Abel Caballero durante a rolda de prensa en Alcaldía

Segundo explicou en rolda de prensa, esta modificación prevé ampliar en 5 ou 10 anos o período de amortización das cantidades pendentes dos préstamos formalizados antes do 31 de decembro de 2021, unha medida que foi adoptada por acordo da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos ( CDGAE) e da que poden beneficiar ata 236 entidades locais que se atopan en difícil situación financeira.

Desas 236 entidades, 119 teñen que atender cotas de amortización do principal dos préstamos por primeira vez o próximo 30 de xuño. A xuízo do presidente da FEMP, a ampliación dos períodos de amortización e o aprazamento dos pagos supoñen un “alivio para as cargas financeiras” que soportan estas entidades e permítelles moverse “nunha situación mellor e facer fronte aos gastos pendentes”.

O período de amortización non poderá estenderse máis alá de 2050. Este aprazamento súmase, segundo lembrou Caballero, á medida adoptada en xuño do pasado ano, cando outro acordo da CDGAE, tamén en apoio das entidades locais en situación difícil e acollidas ao Fondo de Financiamento, fixo posible a agrupación de préstamos e a ampliación dos prazos de amortización a 5, 7 ó 10 anos.
 
 
 
 

Descargar todas as imaxes