O Concello concedeu 35 axudas de emerxencia para aloxamento
A Comisión de Axudas de Emerxencia concedeu 95 axudas de emerxencia cun importe de 18.102,81 euros. De todas elas, 35 foron para vivenda.

Abel Caballero deu conta, en declaracións remitidas aos medios, das 85 axudas concedidas na Comisión de Axudas de Emerxencia a pasada semana. O importe foi de 18.102,81 euros.
O alcalde detallou que 28 foron para o alugueiro, 6 para aloxamento e 1 crédito hipotecario. “Estamos a evitar os desafiuzamentos”, declarou o rexedor. O resto de achegas foron para pagar facturas e alimentación.
Desde que comenzou a pandemia o Concello concedeu 17.975 axudas de emerxencia que chegaron a 51.628 beneficiarios cun importe de 2.849.475 euros.