xoves, 9 xuño 2022

O Concello solicitará 9 millóns de fondos europeos para a reforma do edificio consistorial e as piscinas de As Travesas

O alcalde avanzou esta mañá a nova proposta municipal a fondos europeos do Ministerio de Transporte que nesta ocasión ascende a 14,3 millóns dos que o Concello aspira a que Europa financie 9. A remodelación integral do edificio consistorial -dividido en dúas partes – e a rehabilitación das piscinas de As Travesas completan a petición de Vigo nesta convocatoria.

Vigo converterase en destino turístico intelixente usando fondos europeos

xoves, 9 xuñ 2022

A cidade segue dando pasos para a súa transformación en destino turístico intelixente para o que solicitará 200.000 euros de fondos europeos. Un novo portal web de turismo, un novo observatorio con sistemas big data ou rutas temáticas interactivas serán algunhas das accións coas que o Concello aspira a recibir 200.000 euros.

O alcalde valora a iniciativa de Eroski, que proxecta un novo supermercado na contorna de Pereiró

xoves, 9 xuñ 2022

Abel Caballero, xunto á concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, mantivo un encontro este xoves con Joaquín González, director xeral de Vegalsa-Eroski; Pablo Junceda, director xeral adxunto do Banco Sabadell; e con José Manuel Fernández Alvariño, presidente do grupo Alvariño. Xuntos promoven un novo supermercado Eroski e o reacondicionamento de toda a zona situada entre o cemiterio de Pereiró e Alcalde Portanet. Será ademais un centro “enerxeticamente sostible”, a área na que entra o grupo Alvariño, e contará co apoio do Banco Sabadell. O alcalde valorou que esta actuación permitirá “refacer unha zona enteira da cidade”.