O 84% das persoas atendidas polos servizo dos Coidadores de barrio son mulleres
O alcalde avanzou esta mañá que os Coidadores de barrio atenden a 21 persoas máis desde o pasado mes de maio. Do total de usuarios deste servizo de acompañamento, o 84% son mulleres e case un 10% supera os 90 anos.
O programa Coidadores de barrio sumou o pasado mes de maio 21 novas altas, o que supón que a partir da agora recibirán acompañamento nun servizo no que o Concello inviste 530.000 euros e xera traballo para 34 persoas. O 84% dos usuarios son mulleres, e case un 10% do total supera os 90 anos. A franxa de idade máis numerosa é de 76 a 90 anos, cun 61,90% de usuarios, mentres que os menores de 60 e os comprendidos entre os 60 e os 75 anos supoñen un 14,28%, respectivamente.
Tal e como explicou Caballero, este servizo é unha axuda importante na loita contra a soidade e permitiu facer en maio 1.059 acompañamentos, dos que 683 foron paseos, 302, recados, 60 citas médicas ou similares e 14, xestións de trámites. Este servizo opera fundamentalmente en barrios como Calvario, Casco Vello,. Teis, Travesas e Bouzas.