Escoitar

A Xunta de Goberno licita de novo a produción dos concertos de Castrelos

O alcalde deu conta da Xunta de Goberno Local Extraordinaria, celebrada este luns, no que quedaron desertos os lotes 1 e 3 do programa “Vigo en Festas”, que inclúen a produción de actividades e eventos de pequeno formato e a produción técnica de Castrelos.

martes, 7 xuñ 2022
Arquivo: Público no concerto de Vetusta Morla no ano 2019
Arquivo: Público no concerto de Vetusta Morla no ano 2019

Abel Caballero trasladou en rolda de prensa que a Xunta de Goberno vén de licitar de novo os lotes 1 e 3 do programa “Vigo en Festas” que quedaron desertos.

Estes lotes “son os de festas de pequeno formato e a produción técnica de Castrelos”, segundo manifestou o alcalde, que puxo de manifesto que adxudicáronse os outros tres. Caballero explicou que “as ofertas foron rechazadas porque os prezos unitarios de algunhas excedían o que marcaban as bases. Manteñen o custe total pero nalgún caso os prezos unitarios excedían o límite marcado”.

Deste xeito, o novo procedemento será “negociado e urxente para acortar os prazos”, concluíu o rexedor.

 

Descargar todas as imaxes