Escoitar

Abel Caballero agarda que “a cidade goce co pádel” no Trofeo Concello de Vigo, nas pistas de Navia e Barreiro

O alcalde de Vigo presentou este martes a oitava edición do Trofeo Concello de Vigo de pádel, logo do parón do evento pola pandemia. O evento celébrase do 1 ao 10 de xullo nos complexos municipais de Navia e Barreiro e a inscrición abriuse hoxe mesmo ata o vindeiro día 27.

martes, 7 xuñ 2022

Acompañado polo director xeral de Máis Que Auga, Francisco Cortegoso, e polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, ademais do director do torneo, Xoel Tejo, e o director de márketing de Celtamotor, Javier Fernández, Caballero asegurou que o pádel xa se converteu “nunha cultura do ocio; en torno ao pádel a xenta fai as súas reunión e amizades”.

Caballero, que lembrou a aposta do Concello co World Padel Tour, con gran resposta da afección, tamén lembrou que o goberno municipal apoia estos torneos polo que significan de participación global de todos os practicantes, e pediu “que a cidade goce do pádel nestas instalacións certamente magníficas”.

O torneo, que con 522 inscricións rompeu en 2019 o récord de participación (de 2017, con 468), incidiu en que o torneo “é un exemplo de como facemos as coudas en Vigo: unha concesión (MQA), unha empresa privada patrocinadora (Celtamotor) e o Concello cooperando; gústame porque é o xeito de funcionar”, suliñou o rexedor.

Na presentación, no interior dunha das pistas de Máis Que Auga, na que o alcalde lembrou que ten concelleiros que practican pádel, Cortegoso explicoulle que o desexo da organización é acadar as 600 inscricións e non descartar en vindeiras edicións “conseguir o récord galego” para un torneo que é o número 1 en Vigo en canto a participación.

O torneo abrangue ata once categorías, dúas federadas (1ª Ouro masculina e 1ª Ouro feminina) e nove abertas (tres masculinas, tres femininas e tres mixtas).

Cortegoso, ademais, lembrou que a escola de pádel de Navia e Barreiro suma este ano 700 xogadores e xogadoras.

 

 

Descargar todas as imaxes