Escoitar

O goberno municipal dedica 390.000 euros ás festas patronais, gastronómicas e actividades socioculturales

O alcalde explicou este xoves en rolda de prensa que o Concello sobe de 260.000 a 390.000 euros a axuda para o desenvolvemento das festas e celebracións dos barrios e parroquias viguesas.

xoves, 9 xuñ 2022
Caballero na celebración da Festa da Cereixa de Beade en xuño de 2022
Caballero na celebración da Festa da Cereixa de Beade en xuño de 2022

As bases reguladoras e a convocatoria das subvencións para o desenvolvemento das festas tradicionais, patronais, gastronómicas e actividades socioculturais para o período 2021-2022 quedaron aprobadas este xoves na Xunta de Goberno Local.

“Subimos a axuda de 260.000 a 390.000 euros anuais, aumentamos a cantidade porque queremos contribuír a tódalas festas da cidade”, apuntou Abel Caballero, que engadiu que “as festas de Vigo son todas, unhas son conxuntas da cidade pero a festa de cada zona e de cada parroquia, é unha festa de Vigo”, polo decidiu triplicar a asignación orzamentaria este ano.

As subvencións para as festas diferencian dúas liñas: as festas tradicionais, patronais, gastronómicas e festivais folclóricos e as actividades socioculturais e relacionadas coas artes escénicas: programas de música, danza, artes plásticas e literatura e programas de actividades de dinamización sociocultural nos barrios e parroquias.

Caballero sinalou que o goberno de Vigo “asume unha nova etapa na que, ademais das festas de Castrelos, iniciamos concertos para todo Vigo” amais de manter o apoio a eventos como o TerraCeo, o Marisquiño, o Sea Fest e certames que financiamos ou co-patrocinamos como o concerto de Muse para o que o Concello achega xeito gratuíto o Estadio Municipal de Balaídos.

 

Descargar todas as imaxes