Escoitar

Concello e Deputación apoian o Vigo SeaFest con 155.000 euros

Ambas institucións asinaron o convenio de colaboración para o apoio da promoción da produción pesqueira local, a súa importancia social e económica co obxectivo de potenciar o emprego nas empresas pesqueiras. A Xunta de Goberno aprobou 48.000 euros para promover a agricultura ecolóxica e 200.000 euros para intervención sociosanitaria a persoas drogodependentes.

venres, 3 xuñ 2022
Arquivo: firma do convenio cos responsable de ARVI no ano 2019
Arquivo: firma do convenio cos responsable de ARVI no ano 2019

A Xunta de Goberno deu luz verde onte xoves ao convenio entre Concello e Deputación para o desenvolvemento do Seafest 2022 ao que achegan 155.000 euros, dos que 100.000 proceden das arcas municipais. O festival, organizado pola Cooperativa de Armadores, celebrarase os días 7, 8, 9 e 10 de xullo.

Trátase dun evento de promoción da produción pesqueira local e da súa importancia social e económica co obxectivo de potenciar o emprego nas empresas pesqueiras.

Outro dos asuntos que validou o goberno local na Xunta de Goberno foi o acordo de colaboración coa Asociación cidadá de loita contra a droga Alborada para o desenvolvemento do programa de incorporación social en agricultura ecolóxica “Verdear”. O convenio, de 48.000 euros, estenderase ata o no 2025, a razón de 12.000 euros. Con Verdear, Alborada busca mellorar a calidade de vida e a incorporación social dos seus usuarios, promovendo o coñecemento das técnicas traballo da agricultura ecolóxica. Alborada leva 40 anos traballando no tratamento e mellora da calidad de vida dos pacientes con trastornos aditivos.

Seguindo coa temática social, o goberno local renovou o convenio con Médicos do Mundo para o desenvolvemento dun programa de intervención sociosanitaria destinado a persoas drogodependientes en situación de exclusión social. Ten un importe de 200.000 euros para catro anos. O obxectivo é seguir a traballar coas persoas para reducir os danos para a saúde do consumo de alcol, tabaco e drogas ilegais.

Trasnos

Tamén aprobouse a subvención cun importe de 18.000 euros para o Trasnos Béisbol Club para a actual temporada. Segundo explicou o alcalde, o importe inclúe os desprazamentos que o equipo ten que facer ata A Coruña para xogar os partidos de Liga: “Esperamos solucionar pronto o problema do campo en Vigo”, concluíu Caballero.

Descargar todas as imaxes