Escoitar

A Xunta de Goberno aproba o Proxecto Anual de Servizos Sociais Comunitarios 2022 cun orzamento de máis de 22 millóns

O Concello solicita á Xunta máis de 13 millóns, dun total dos 22 orzamentados, para persoal, mantemento, o Servizo de Axuda no Fogar e a xestión de programas sociais. A Xunta de Goberno tamén prorrogou o contrato dos servizos nas piscinas de Travesas, Lavadores, Teis e Valadares.

xoves, 2 xuñ 2022

O goberno local estima un investimento en prestación de servizos sociais comunitarios de 22.100.000 euros . A Xunta de Goberno aprobou o Proxecto Anual de Servizos Sociais Comunitarios – Plan Concertado 2022, no que unha parte ten que ser financiado pola Xunta de Galicia, segundo di a Lei.

O alcalde deu conta deste asunto en rolda de prensa e cifrou en 13.046.861 euros os cartos solicitados ao goberno autonómico. En detalle, o documento sinala a petición de 982.247 euros para o servizo de información e asesoramento de servizos sociais; 3.464 de mantemento; 6.334.105 euros do Servizo de Axuda no Fogar; e 5.493.409 euros para a xestión de programas de índole social.

O Concello non presentou inversións en infraestruturas “porque a Xunta non aproba o plan anual e non permite a solicitude de recursos” e subliña que “os novos edificios en Praza da Princesa e Casco Vello son inversións do Concello”, declarou Abel Caballero, que manifestou que a expectativa de recibir estes fondos “é baixa”: “O ano pasado solicitamos 11,3 millóns e recibimos 5 millóns. Vigo pagou el 73% e a Xunta o 27%”.

Contrato dos servizos nas piscinas cubertas

A Xunta de Goberno prorrogou o contratos dos servizos técnicos e docente para as piscinas cubertas de Travesas, Lavadores, Teis e Valadares e os servizos para impartir actividades deportivas nos ximnasios e instalacións deportivas. A prórroga ten unha duración dun ano e un importe de 3.425.599 euros.

Caballero cualificouna como “acción de gran importancia” que prestará o servizo desde o 1 de xullo ata o remate de xullo no 2023: “É un servizo subvencionado no que practicamente non se paga. É calidade do servizo prestado nas piscinas municipais”.

O rexedor explicou que o contrato inclúe a piscina de Teis, xa que o obxectivo é prestar o servizo noutras piscinas.

Formación para bombeiros

Tamén aprobouse a licitación para a formación do servizo de bombeiros en rescate acuático. O investimento é de 47.000 euros. “Se hai un accidente deste tipo debemos estar preparados”, concluíu Caballero.

Descargar todas as imaxes