xoves, 2 xuñ 2022
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a licitación do contrato de prestación do servizo de animación, actividades e espectáculos de pequeno formato do programa “Vigo en festas” cun importe de 120.000 euros en dúas anualidades.
xoves, 2 xuñ 2022
O Concello solicita á Xunta máis de 13 millóns, dun total dos 22 orzamentados, para persoal, mantemento, o Servizo de Axuda no Fogar e a xestión de programas sociais. A Xunta de Goberno tamén prorrogou o contrato dos servizos nas piscinas de Travesas, Lavadores, Teis e Valadares.
xoves, 2 xuñ 2022
A ocupación hoteleira no mes de maio foi do 60,44% e a estancia media dos turistas na cidade foi de 1,93 días.
xoves, 2 xuñ 2022
O alcalde explicou este xoves en rolda de prensa que o goberno municipal traballou desde o comezo das obras coñecendo a existencia da edificación que agora valorará e catalogará Patrimonio.
xoves, 2 xuñ 2022
Trátase dunha enfermidade neuromuscular, autoinmune e crónica e este xoves, 2 de xuño, se conmemora o Día Internacional da Miastenia. Vigo súmase á sensibilización da xornada tinguindo de verde as fontes de Aragón con Jenaro de la Fuente, atendendo a demanda da Asociación Miastenia de España.
xoves, 2 xuñ 2022
As alumnas do Ciclo Formativo Superior de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa do IES de Teis visitaron esta mañá o Concello. Fixeron unha ruta acompañadas por persoal municipal ás diferentes estancias onde o alcalde leva a cabo a súa labor diaria: Alcaldía, Sala de Xuntas, Sala de Prensa, Salón de Plenos, entre outros lugares da Casa Consistorial. Abel Caballero agradeceu a visita y animou ás mozas a seguir coa súa formación no ámbito da asesoría.