Vigo achégase aos niveis previos á pandemia nos datos da ocupación hoteleira de maio
A ocupación hoteleira no mes de maio foi do 60,44% e a estancia media dos turistas na cidade foi de 1,93 días.

Abel Caballero celebrou os datos de turismo acadados no mes de maio na cidade. Vigo rexistrou en maio unha ocupación hoteleira do 60,44%, o que supón unha suba do 16,75% respecto ao ano pasado e achégase a cifras do 2019, previo á pandemia, cando a ocupación foi do 66,34%.
O alcalde subliñou “a importante presencia internacional” cun 35,27% do total de viaxeiros. “Se sumamos o turismo nacional, excluíndo Galicia, e o internacional estamos no 84%. Isto é a importancia que temos nos medios de España”, dixo Caballero