Escoitar

O Concello estabilizará 96 prazas de emprego público antes de fin de ano

Abel Caballero considera que a Ley 20/2021, de 18 de diciembre, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público é “moi adecuada”.

mércores, 1 xuñ 2022

O Concello iniciou o proceso de Estabilización de Emprego no Concello coa identificación das prazas que cumpren os requisitos para ser incluídas na Oferta Pública de Emprego de estabilización de emprego temporal. Identificáronse 96, a maioría delas nos servizos de Benestar Social e atención á cidadanía e para organismos autónomos de Educación e Deportes.

O alcalde valorou como “moi adecuada” a Ley 20/2021, de 18 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público: “Queremos dar estabilidade no emprego a 96 persoas do Concello. Este é o noso plan. Os traballadores e traballadoras deben ter estabilidade e nas administracións públicas, debido ás normas, non se cumpría."

Segundo explicou Caballero, das 96 prazas 41 son ocupadas por persoal interino, 39 por persoal laboral declarado indefinido e 6 de persoal interino por acumulación de tarefas. Para 90 prazas haberá unha fase de concurso e para as 6 restantes un concurso-oposición.

“Deberán tomar posesión antes de fin de ano. Sacaremos as 96 prazas para dar estabilidade laboral e mellorar a capacidade de facer o seu traballo e dar servizo á sociedade”, declarou en rolda de prensa o rexedor.

Descargar todas as imaxes