Escoitar

As cinco piscinas de Samil entrarán en funcionamento o 8 de xuño

A cidade segue retomando a súa normalidade e este ano volverán a funcionar as piscinas de Samil. A partir do próximo 8 de xuño, estas instalacións permanecerán abertas entre as 12:30 e as 20:00 h.

mércores, 1 xuñ 2022

Abel Caballero avanzou esta mañá que a cidadanía poderá gozar de novo das piscinas de Samil desde o próximo mércores 8 de xuño. Son cinco instalacións -cada unha co seu socorrista – que funcionarán ininterrompidamente entre as 11,00 e as 22,00 h de luns a domingo. O alcalde cualificou esta apertura de moi boa noticia na cidade logo de dous anos nos que a pandemia impediu o seu funcionamento.

Descargar todas as imaxes