Vigo, recoñecida cos premios NovaGob Excelencia 2022 pola aplicación das tecnoloxías ao servizo das persoas
O alcalde avanzou este mércores que o Concello é finalista dos premios NovaGob 2022, unha comunidade de ámbito mundial aberta a administracións e entidades públicas.
Abel Caballero valorou que o Concello sexa finalista destes premios cunha candidatura que ten como eixo a transformación nas persoas que posibilita a tecnoloxía. “Foi a máis votada, o que nos converte en candidatos con moitas posibilidades de gañar o premio do ano 2022. Foi a candidatura máis votada de España e Iberoamérica”, destacou.
O alcalde deu conta dalgunhas das melloras implantadas no Concello como a fichaxe en remoto para o persoal con modalidade de traballo a distancia ou a xestión de permisos e a automatización de validación de vacacións, que minora o volume de carga de traballo de persoal. A través das novas tecnoloxías Vigo consegue desenvolver un sistema de traballo máis eficaz e mellora os procesos de formación cunha nova versión d portal formativo.
Novagob é unha comunidade de ámbito mundial aberta a administracións e entidades públicas como universidades, laboratorios de innovación pública ou concellos... O fallo do xurado destes premios está previsto que se faga público a partir do 30 de maio.