O alcalde recibe ás alumnas de FP do IES de Teis
As alumnas do Ciclo Formativo Superior de Asesoría de Imaxe Persoal e Corporativa do IES de Teis visitaron esta mañá o Concello. Fixeron unha ruta acompañadas por persoal municipal ás diferentes estancias onde o alcalde leva a cabo a súa labor diaria: Alcaldía, Sala de Xuntas, Sala de Prensa, Salón de Plenos, entre outros lugares da Casa Consistorial. Abel Caballero agradeceu a visita y animou ás mozas a seguir coa súa formación no ámbito da asesoría.
