Escoitar

A obra da Porta do Sol deixa ao descuberto unha construción que catalogará Patrimonio

O alcalde explicou este xoves en rolda de prensa que o goberno municipal traballou desde o comezo das obras coñecendo a existencia da edificación que agora valorará e catalogará Patrimonio.

xoves, 2 xuñ 2022

Abel Caballero sinalou que o Concello traballa desde hai dous anos con “todo coñecemento e planificación” sobre esta casa, datada nun arco temporal situado entre os séculos XV e XVII, que agora que está ao descuberto concretará o equipo de arqueólogos. Debe determinar a data exacta da súa construción.

Esta foi a resolución á que chegaron o Concello e Patrimonio da Xunta de Galicia antes do inicio das obras: “acordamos que ao final da obra descubririamos a casa e agora farase a valoración”. Por tanto, cos restos descubertos na súa totalidade, Patrimonio realizará unha avaliación para documentala completamente. “Farán un escáner en tres dimensións para poder catalogala e rexistrar as condicións nas que se atopa”, explicou Caballero.

Segundo informou, esta mañá estiveron na zona tanto responsables autonómicos de Patrimonio como a arqueóloga municipal que, xunto ao equipo de dirección arqueolóxica da obra, son os responsables das decisións desta parte da peonalización da Porta do Sol e da construción do túnel.

Descargar todas as imaxes