Escoitar

O Concello leva as festas a todo Vigo con 130 actuacións este verán

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a licitación do contrato de prestación do servizo de animación, actividades e espectáculos de pequeno formato do programa “Vigo en festas” cun importe de 120.000 euros en dúas anualidades.

xoves, 2 xuñ 2022
O alcalde nun dos concertos das festas de verán de 2021
O alcalde nun dos concertos das festas de verán de 2021

O alcalde explicou que o obxectivo é “organizar actividades, concertos ou espectáculos por toda a cidade, descentralizando as festas e levándoas a todos os barrios e parroquias”. Serán un total de 130 actuacións diseminadas en todo Vigo: 30 concertos de grupos musicais, 30 actuacións de baile non tradicional, 10 actuacións de bandas, 30 actuacións musicais infantís e 30 bandas facendo pasacalles.

Ademais, quedou aprobada este xoves a subvención nominativa para a Asociación Cultural Interfolc para a organización do XXVIII Festival Folclórico Internacional de Vigo 2022 cun importe de 63.000 euros. O certame arrinca o mércores 20 de xullo con actividades que se irán sucedendo por distintas parroquias e barrios da cidade ata un acto central que se organizará o 24 de xullo no escenario exterior de Castrelos coa actuación de todos os grupos chegados do estranxeiro. O concerto principal será o 25 de xullo ás 22:00 horas no auditorio exterior de Castrelos coa presenza de Gwendal (banda francesa de música bretoa e celta) que está a celebrar a súa xira do 50 aniversario. O grupo local Batea abrirá o concerto.

A Xunta de Goberno deu luz verde tamén ás bases reguladoras e á convocatoria de convenios de colaboración empresarial con entidades privadas para a organización de actividades socioculturais e de interese xeral. Tal e como sinalou o rexedor, a colaboración privada na programación festiva municipal para o verán, o Samaín e o Nadal.

Descargar todas as imaxes