martes, 17 xuñ 2008
A Xunta de Goberno Local ven de aprobar onte, fóra da orde do día, a adaptación organizativa da Mesa de Contratación á nova Lei de Contratos do Sector Público (LCSP), en vigor desde o 30 de abril.
luns, 2 xuñ 2008
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns os proxectos construtivos dos aparcadoiros soterrados de Castelao, Jenaro de la Fuente e Rosalía de Castro. Os dous primeiros poderán iniciarse "no prazo dun mes", segundo adiantou o alcalde, mentres que no de Rosalía de Castro continúan a realizarse as catas arqueolóxicas previas.
venres, 23 mai 2008
O obxectivo do goberno, segundo informou o alcalde de Vigo, é "obter ao menos as mesmas bandeiras azuis que o pasado ano", para o que a Xunta do Goberno Local procedeu este venres ao inicio da contratación polo procedemento de urxencia. Ademais, o executivo deu o visto bó á contratación da asistencia técnica para a elaboración de estudos de mobilidade á Universidade e ao Parque Tecnolóxico.
luns, 12 mai 2008
A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns por un valor de máis de 14.500 euros o sistema de xestión de espera que permitirá rematar coas colas na lonxa do Concello. A partires da súa instalación, "nun prazo inmediato", os cidadáns contarán cun punto de atención que expedirá boletos personalizados dependendo do servizo do que precisen. Ademais, o goberno cambiará a cuberta da lonxa para terminar coas pingueiras.
luns, 12 mai 2008
O alcalde, Abel Caballero, anunciou a instauración dun protocolo de actuación nas obras de urbanización da cidade que obrigará á coordinación previa de todos os departamentos implicados no traballo. O obxectivo final do goberno é evitar que se abran rúas que xa foron reformadas por falta de planificación.