O Goberno Local inicia as obras de humanización de Teis, Balaídos e Bouzas

luns, 14 abr 2008

A Xunta de Goberno Local deste luns aprobou a contratación das obras de humanización das rúas Sanjurjo Badía, Eugenio Kraft e a Alameda Suárez Llanos. O Concello adica máis de 1,5 millóns de euros ás melloras, e a duración das reformas oscilará entre os tres e os seis meses. Ademais, o alcalde avanzou que se investirá preto de 500.000 euros na elaboración dun Plan de Mobilidade que prevé solventar os problemas de tráfico e aparcamento da cidade.

O Goberno local busca unha contratación única para o mantemento das insfraestruturas viarias

martes, 8 abr 2008

O Goberno local quere contratar "dunha vez" as obras de acondicionamento, mantemento e conservación das infraestruturas viarias do Concello. Segundo informou este martes o alcalde, Abel Caballero, a Xunta de Goberno aprobou o luns un expediente que, co obxectivo de "aforrar tempo", contempla a elección dunha soa oferta para a realización de todos estes traballos durante este ano e o que vén, por un importe total de 2.750.000 euros.

O Goberno local limita o paso de vehículos polo ‘cortalumes’ do monte da Guía

martes, 1 abr 2008

O Goberno local decidiu na súa xuntanza do luns limitar o paso de vehículos polo camiño coñecido como ‘cortalumes’ do monte da Guía, para que a Dirección Xeral de Costas poida proceder á rehabilitación desta área do termo municipal. Deste xeito, segundo avanzou este martes o alcade, Abel Caballero, "en ano e medio" a zona poderá contar cun paseo marítimo que recuperará para os vigueses "un dos terreos máis fermosos da cidade".

A Xunta de Goberno toma coñecemento do Mapa de Ruídos de Vigo

luns, 10 mar 2008

A Xunta de Goberno Local tomou coñecemento este luns do Mapa de Ruídos de Vigo, un documento que recolle información sobre contaminación acústica nas distintas zonas da cidade e que pretende servir de base para planificar medidas que teñan por obxecto controlar este problema. A elaboración dun mapa estratéxico de ruídos é unha obriga para todas as aglomeracións da Unión Europea con máis de 250.000 habitantes, segundo a normativa comunitaria vixente.