luns, 7 xul 2008
O alcalde, Abel Caballero, informou este luns que os traballos de mellora da Alameda de Bouzas e de Eugenio Kraft, en Balaídos, comezarán "en 20 días aproximadamente". Ademais, o rexedor adiantou que en dúas semanas empezan as humanizacións do mercado de Teis e da rúa Esperanto. En total, e xunto cos aparcadoiros xa en obras, "entre agosto e setembro", 25 rúas de Vigo estárán en traballos de mellora.
venres, 27 xuñ 2008
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a tramitación de emerxencia para a contratación do servizo de salvamento e socorrismo de nove areais da cidade: Rodas, A Punta, O Tombo do Gato, Argazada, O Vao, Fontaíña, Canido, Samil e Fortiñón.
luns, 23 xuñ 2008
O alcalde informou este luns, tras a celebración da Xunta de Goberno Local, que os traballos para a mellora destas dúas zonas da cidade durarán entre 5 e 6 meses, co que "a principios de ano" estarán concluídas. Abel Caballero explicou os orzamentos das humanizacións, que superan os 2,7 millóns de euros, e salientou a aprobación da reforma do entorno do mercado de Bouzas. <br />
martes, 17 xuñ 2008
A Xunta de Goberno Local ven de aprobar onte, fóra da orde do día, a adaptación organizativa da Mesa de Contratación á nova Lei de Contratos do Sector Público (LCSP), en vigor desde o 30 de abril.
luns, 2 xuñ 2008
A Xunta de Goberno Local aprobou este luns os proxectos construtivos dos aparcadoiros soterrados de Castelao, Jenaro de la Fuente e Rosalía de Castro. Os dous primeiros poderán iniciarse "no prazo dun mes", segundo adiantou o alcalde, mentres que no de Rosalía de Castro continúan a realizarse as catas arqueolóxicas previas.