Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 19 dec 2008
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 22 DE DECEMBRO DE 2008.


1.- Acta da sesión ordinaria e da extraordinaria e urxente do 5 de decembro de 2008.

BENESTAR SOCIAL
2.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta expte. 13/415, 1/2011, 2018/23.

3.- Proposta de concesión de axudas de comedor en lista de espera, curso 2008-2009. Expte. 38528/301.

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
4.- Proposta de aceptación de subvencións concedidas para a contratación de catro axentes de emprego e desenvolvemento local. Expte. 5556/77.

5.- Modificación das bases para a selección do equipo técnico para o desenvolvemento do proxecto "Vigo Laborando". Expte. 5499/77.

INVESTIMENTOS
6.- Autoliquidación provisional do canon de Aqualia- Setembro a decembro de 2007- e atrasos ou diferencias dende xaneiro 1991 ata agosto 2007. Expte. 101328/140.

7.- Autoliquidación provisional do danon de Aqualia- xaneiro a abril de 2008- e atrasos ou diferencias dente xaneiro de 1991 ata decembro de 2007. Expte. 101327/140.

MEDIO AMBIENTE
8.- Proxecto de execución de acondicionamento da protectora de animais para gateira, nas dependencias da caneira municipal. Expte. 6138/306.

MOBILIDADE E SEGURIDADE
9.- Devolución de aval a Construcciones Orega S.L. por reserva especial da vía pública por obra na rúa Policarpo Sanz, 18. Expte. 75345/210.

MONTES, PARQUES E XARDÍNS
10.- Devolución de aval a Galorgo S.A. por retirada de árbore en rúa Pi i Margall para construción dun edificio. Expte. 4359/446.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
11.- Recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 50.000 € a favor da Fundación Caixanova polos gastos derivados do desenvolvemento do proxecto "Vigo Dixital". Expte. 1625/321.


PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
12.- Expediente para o alleamento para chatarra de 74 vehículos do depósito municipal. Expte. 2545/241.

13.- Revisión de prezos do contrato do servizo de atención domiciliaria á infancia. Expte. 2788/224.

14.- Revisión de prezos de contrato de xestión da Escola Municipal de Música. Expte. 7111/332.

15.- Aboamento de cotas da Comunidade de propietarios da rúa Quintela nº 25. Expte. 17432/240.

16.- Revisión de prezos do contrato de xestión da Escola Infantil Municipal Sta. Marta do Casco Vello. Expte. 7446/332.

17.- Revisión de prezos do contrato de mantemento e conservación de parques infantís do Concello de Vigo. Expte. 18444/240.

18.- Devolución de garantías:
a) Imaxinería S.L. Expte. 10122/332.
b) Fujitsu Services S.A.U. Expte. 2542/241.

RECURSOS HUMANOS
19.- Gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal do Servizo de Extinción de Incendios por exceso de xonada anual correspondente ao mes de novembro 2008. Expte. 18636/220.

20.- Productividade do persoal da EVAP correspondente ao mes de outubro-novembro 2008. Expte. 33816/212.

SERVIZOS XERAIS
21.- Validación de gasto a favor da UTE Imes-Esycsa por importe de 91.340,78 € en concepto do mantemento de túneles e pasos inferiores. Expte. 12758/444.

22.- Modificado nº 1 do contrato de obras de reconstrución da antiga escalinata da Praza de Portugal e ubicación na rúa Blein Budiño. Expte. 57305/250.

23.- Devolución de fianza a favor de Obras con Huarte Lain S.A. polo permiso de carga e descarga na rúa Velázquez Moreno, 35. Expte. 56756/250.

24.- Plan de seguridade e saúde e aviso previo da obra "construción de beirarrúas na rúa Manuel costas Bastos. Fase I (entre a Igrexa e o centro cultural). Expte. 725/443.

25.- Plan de seguridade e saúde e aviso previo da obra "Construcción de beirarrúa na rúa Xuncal". Expte. 761/443.

26.- Proxecto modificado nº 1 do de "Humanización da Alameda Suárez Llanos en Bouzas". Expte. 50/440.

27.- Proxecto modificado nº 1 do de "Abastecemento do Alto de Cabral e Candeán". Expte. 49/440.

28.- Proxecto modificado nº 1 do de "Humanización do entorno do Mercado de Teis". Expte. 48/440.

29.- Proxecto modificado nº 1 do de "Humanización da Rúa Sanjurjo Badía". Expte. 47/440.

30.- Proxecto modificado nº 1 do Proxecto de "Reforma do Saneamento da Rúa Olímpicos". Expte. 45/440.

31.- Proxecto modificado nº 1 do Proxecto de "Humanización do entorno de Povisa". Expte. 44/440.

32.- Proxecto modificado nº 1 do Proxecto de "Humanización da Rúa Esperanto". Expte. 43/440.

33.- Proxecto modificado nº 1 do Proxecto de "Humanización da Rúa Eugenio Kraff". Expte. 42/440.

34.- Proxecto modificado nº 1 do Proxecto de "Humanización do Entorno do Calvario, Fase I. Rúa Sagunto". Expte. 41/440.

35.- Proxecto modificado nº 1 do de "Humanización do entorno do Calvario. Fase I, Rúas Cataluña e León (Entre Urzáiz e Genaro de la Fuente). Expte. 40/440.

36.- Proxecto modificado nº 1 da "Humanización do entorno do Calvario. Fase I, Rúa Aragón". Expte. 39/440


TURISMO E COMERCIO
37.- Indemnización substitutiva por importe de 36.083,12 € a favor de Limpezas Cies S.L. polos servizos prestados no Mercado do Progreso de Vigo. Expte. 23/551.

38.- Indemnización substitutiva por importe de 6.399,36 € a favor de Eulen S.A. polos servizos prestados no Mercado do Progreso de Vigo. Expte. 24/551.

39.- Indemnización substitutiva por importe de 22.099,65 € a favor de Compañía de Protección y Vigilancia Galaica S.A. polos servizos prestados no Mercado do Progreso de Vigo. Expte. 25/551.

40.- Indemnización substitutiva por importe de 2.028,10 € a favor de Mercury Ascensores S.L. polos servizos prestados no Mercado do Progreso de Vigo. Expte. 26/551.

41.- Concesión de dominio público dos postos de venta do Mercado do Progreso. Expte. 57/551.

URBANISMO
42.- Resolución de recurso de reposición interposto contra a inadmisibilidade a trámite do Proxecto de compensación do Polígono IV do PEPRI de Bouzas. Expte. 4841/401.

43.- Rogos e preguntas.

DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 22 de decembro de 2008, dez minutos despois da conclusión da sesión plenaria convocada para a mesma data, en 1ª convocatoria, e vinte minutos despois, en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 18 de decembro de 2008.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.