Escoitar

Voluntarios da cidade participan nun encontro lúdico

Representantes de máis de 40 entidades dos movementos asociativos e de voluntariado da cidade participaron ,na tarde do pasado xoves, nun encontro de carácter lúdico que tivo lugar no auditorio do edificio municipal do Areal, organizado pola Oficina Municipal de Voluntariado.Ó encontro asistiron o alcalde, Abel caballero, o concelleiro Santos Hector e o ciclista, Oscar Pereiro que agradeceron a adicación desinteresada das persoas voluntarias e resaltaron a súa crecente importancia.

venres, 19 dec 2008
1229693471IMG_0966.JPG
Dende o Concello traballase no ámbito do voluntariado potenciado, entre outros aspectos, a formación de voluntariado e realizando campañas de sensibilización. Principalmente traballase para apoiar aos movementos asociativos da cidade que precisan de voluntarios, e para reforzar o tecido asociativo da cidade a través do voluntariado.

A liña de formación: cunha amplia gama de temas formativos do ámbito do voluntariado, tales como: primeiros auxilios, voluntariado e servicios sociais, medioambiental, marketin social, habilidades sociais......e tratando de potenciar foros de debate cara a mellora da acción voluntaria na cidade.

A Campaña de sensibilización (actualmente nas rúas): Coa intención de movilizar ó voluntariado e concienciar á sociedade da necesidade de implicarse e ser máis solidarios. Unha forte aposta polo desenvolvemento da acción voluntaria que se fai dende o Concello. A campaña realizouse en distintos soportes: Mupis, radio, prensa, etc..

O Voluntariado Medioambiental: Para promover este tipo de voluntariado e facilitar a intervención da cidadanía preocupada polo seu contorno. Asínase un convenio coa Asociación Fontaíña para o desenvolvemento de actuacións neste sector.

O Voluntariado a través das Novas tecnoloxías: Actualización da páxina web e do portal para facilitar a accesibilidade de toda a cidadanía aos temas de voluntariado e facilitar a comunicación entre todos os axentes sociais.

O programa de acompañamento a persoas en situación desfavorecida, maiores, nenos, persoas con discapacidade que resalta o lado máis solidario e humano do voluntario.





Descargar todas as imaxes