O alcalde anuncia unha inversión de 53 millóns de euros para humanizacións no 2009
A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria, autorizou este venres solicitar ao Estado os 52 millóns de euros que lle corresponden a Vigo do Plan de Inversión Local, dos que 33,5 irán destinados a "humanizacións masivas na cidade", indicou Abel Caballero. A esta cantidade se suman os 12 millóns procedentes do endebedamento e os 8 millóns que contemplan os orzamentos municipais para este fin.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres que no 2009 se investirán en Vigo 53 millóns de euros en humanizacións de rúas "en todo Vigo". O goberno local destinará 33,5 millóns dos fondos estatais para este fin, aos que se suman 12 millóns do endebedamento que inicia o Concello e os 8 millóns que contemplan os orzamentos municipais ao efecto.
O alcalde citou os ámbitos da cidade que experimentarán as melloras no ano 2009: os entornos de POVISA, Calvario, Castrelos, Teis, Coia e Praza da Industria, Urzáiz e Venezuela. Enumerou ademais as rúas Sanjurjo Badía, Portanet, Extremadura e Cristo, Numancia, Eugenio Kraft e o entorno de Coia.
Abel Caballero salientou que o vindeiro ano se procedera a "humanizacións masivas na cidade", e avanzou zonas como Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sampaio, Sárdoma, Teis, Valladares e Zamáns.
Os proxectos que se executarán a través do Plan Estatal para inversión local do Goberno de España serán enviados a próxima semana, indicou o alcalde, á Subdelegación do Goberno, que conta con 10 días de prazo para efectuar unha revisión inicial e remitilos á súa vez ao Ministerio de Administracións Públicas para que este acepte ou rexeite a proposta nun período non superior aos 10 días.
Os investimentos propostos ao Estado deberán estar adxudicados antes do 10 de abril, polo que os proxectos foron concentrados para que teñan "envergadura financeira", explicou o rexedor, para facilitar a tramitación, pois as obras deberán estar rematadas antes de finalizar o 2009.
A aprobación deste venres responde á urxencia da tramitación para "non perder nin un so euro", afirmou Abel Caballero, e contar con garantías para poder enviar outro proxecto a tempo no caso de que algúns dos propostos fora rexeitado, algo que o alcalde considera que non acontecerá.
93 millóns de inversión
O alcalde estimou que a cifra total de investimento en Vigo no 2009 ascenderá a 93 millóns de euros. Así, aos 52 millóns do plan estatal se suman os 21 contemplados nos orzamentos aprobados de xeito provisional polo goberno local e os 20 millóns de euros procedentes do endebedamento máximo que o Estado permite ao Concello vigués e que será validado próximamente, segundo explicou Abel Caballero.