Escoitar

A rúa Blein Budiño conta desde este venres coa antiga escaleira de Jenaro de la Fuente

Tras moitos anos retirada das rúas viguesas, a escaleira coñecida como de Jenaro de la Fuente ou da Praza de Portugal foi inaugurada este venres -unha vez restaurada- no seu novo emprazamento, a rúa Blein Budiño, que conecta Don Bosco con Venezuela. Coa presenza de distintos representantes políticos, o alcalde salientou a recuperación dunha parte da cidade olívica.

venres, 19 dec 2008
1229695521escalera2.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este venres a inauguración oficial da remodelada escaleira de Jenaro de la Fuente -tamén coñecida como a da Praza de Portugal- na súa nova localización, a rúa Blein Budiño, que conecta Don Bosco con Venezuela.

Na inauguración estiveron presentes un nutrido número de representantes políticos da Corporación Municipal de Vigo no nome dos tres partidos políticos. Esta apertura oficial supón a recuperación dunha parte da cidade olívica, subliñou o alcalde durante a súa intervención.

O custo da reforma e instalación da estrutura no seu actual espazo ascendeu finalmente aos 750.000 euros, aproximadamente.
1229695521escalera2.JPG
1229695536escalera1.JPG
Descargar todas as imaxes