O servizo de coidadores de barrio comeza hoxe como impulso á recuperación integral do Casco Vello
Como impulso á aposta pola recuperación integral do Casco Vello, o novidoso servizo de coidadores de barrio entra hoxe en funcionamento, segundo anunciaron a conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e o tenente de alcalde e presidente do Consorcio do Casco Vello, Santi Domínguez. Integrado por catorce persoas, o equipo que prestará o servizo traballará en dúas quendas co obxectivo de prestar apoio á veciñanza, comerciantes e turistas que se acheguen ao barrio histórico vigués. <br />
A conselleira de Vivenda subliñou que hoxe é "un día grande para Vigo" pola posta en marcha deste servizo "porque cremos na cidade de Vigo e na recuperación do Casco Vello". Lebrando o abandono sufrido polo Casco Vello, Teresa Táboas sinalou que os números "están aí" e neles se pode comprobar que ata agora "nunca se tivo en conta a recuperación" da zona histórica da cidade. Ao seu xuízo, actuacións como a que comeza hoxe, que conta cun orzamento de 300.000 euros, "poñen de manifesto a aposta pola recuperación do corazón da cidade".
"O programa dos coidadores de barrio nace para dar resposta ás demandas do barrio", explicou a titular de Vivenda da Xunta de Galiza, quen salientou tamén que supón unha aposta polo turismo no Casco Vello. "A recuperación dos centros históricos das cidades tense que basear na rehabilitación de edificios, pero tamén na revitalización dos barrios", salientou. No tocante á rehabilitación de inmobles destacou que en Vigo existe un "avance sen pausa", posto que o Consorcio do Casco Vello ten adquiridos 46 edificios, en obras se atopan 6 e hai outros tres en fase de licitación das obras.
No tocante á outra parte do binomio, a revitalización do barrio, Teresa Táboas lembrou a próxima instalación no Casco Vello dos rexistradores da propiedade, a convocatoria do concurso para conectar a parte baixa e a parte alta da zona, así como a iniciativa que hoxe se pon en marcha.
O tenente de alcalde, pola súa banda, coincidiu coa conselleira de Vivenda en sinalar que a recuperación integral do Casco Vello, "ten unha vertente dirixida fundamentalmente á rehabilitación de edificios e outra, non menos importante, que é a dinamización social do barrio". Segundo Santi Domínguez, o servizo de coidadores de barrio vai dirixido a actuar sobre este segundo aspecto, "que é fundamental para que o Casco Vello sexa de novo un lugar de encontro e centro da vida da cidade, como foi nas súas orixes".
Santi Domínguez agradeceu o traballo desenvolvido pola conselleira de Vivenda a prol da recuperación do Casco Vello e deu á benvida aos coidadores e coidadoras de barrio, presentes no acto. Na súa intervención salientou que este servizo vai ser "unha peza fundamental nesta aposta firme que temos por facer que o Casco Vello reviva". Explicou que dous serán os seus cometidos fundamentais, por unha banda, o coidado do barrio e, por outra, a atención ás personas que nel viven ou traballan. O servizo será facilitado por catorce persoas, que traballarán en dúas quendas, de 7 a 15 horas e de 15 a 23 horas. Ao respecto, o tenente de alcalde sinalou que nun futuro valorarase a opción de ampliar o horario tamén pola noite, para cubrir as 24 horas.
"Cada coidador disporá dunha zona claramente delimitada onde desenvolverá o seu cometido", segundo Santi Domínguez, quen indicou que as zonas están determinadas en base a "criterios de extensión xeográfica e tempos de atención". Os coidadores terán que conseguir "a máxima integración na súa área de actuación", de forma que chegue a coñecer a toda a veciñanza e aos responsables dos establecementos. Entre os seus cometidos figuran a prestación de servizos a comunidades de veciños como asistencia desde unha zona determinada ata o seu domicilio ou a compra de medicamentos en farmacias e a posterior entrega.
Os coidadores farán tamén servizos a locais comerciais, de asistencia aos donos de establecementos así como servizos ao turismo, que se centrarán en facilitar información sobre calquera dirección que o turista precise. En canto aos servizos sociais, axudarán a salvar as barreiras arquitectónicas a personas con algún tipo de discapacidade e darán apoio a indixentes e transeúntes e prestará atención e detección rápida a casos de maltrato. Ademais, entre as súas funcións figura a colaboración coa Policía Local e Nacional, así como cos servizos de emerxencia e as empresas de aguas, gas e electricidade.
"Unha cuestión tamén relevante na súa actuación cotiá será o coidado do mobiliario urbano", salientou o tenente de alcalde. Ao respecto, Santi Domínguez adiantou que os coidadores colaborarán co Concello e o Consorcio do Casco Vello para facer "informes en tempo real de desperfectos en edificios e rúas", para o cal disporán de soportes PDA para axilizar ao máximo o seu labor.
Ademais, como servizo de resposta rápida por parte do Consorcio e o Concello implementarase un sistema de fotografía e envío vía e-mail en tempo real que facilitará a rápida intervención dos servizos competentes en cada área, "evitarando desprazamentos innecesarios e optimizando os tempos de traballo do personal municipal". Ao final da xornada de traballo realizarase un informe de respaldo de cada incidencia.
"A aposta polo Casco Vello vai ter un respaldo definitivo no 2009 por parte do Concello", subliñou Santi Domínguez, quen anunciou a posta en marcha da "primeira brigada de intervención rápida". O tenente de alcalde sinalou que este novo servizo contará cun cadro de profesionais que permitirá "solucionar problemas de desperfectos de forma inmediata".
Descargar todas as imaxes