O goberno local impulsa a mellora da Travesía do Pino, rematada "antes de final de ano"
O alcalde informou que a Xunta de Goberno Local aprobou hoxe martes o prego de cláusulas administrativas para a contratación desta obra, cun prazo de execución de 8 semanas e un importe total que ascende aos 221.000 euros. Abel Caballero estimou que "antes de final do ano" estará rematada a mellora do abastecemento e do saneamento, e a reposición do pavimento da Travesía.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou en rolda de prensa que a Xunta de Goberno Local deu este martes o seu visto bo ao prego de cláusulas administrativas para a contratación das obras de mellora da Travesía do Pino, específicamente, do seu abastecemento, do saneamento e da reposición do pavimento.
A Xunta de Goberno, que retomaba hoxe a súa actividade tras o período vacacional, aprobou fóra da orde do día esta obra, cun prazo de execución de 8 semanas, por un importe total de 221.000 euros, con cargo ás partidas orzamentarias de 2008, unha primeira fase por valor de 141.000 euros; e de 2009, unha segunda fase cun custo de 80.000 euros.
Abel Caballero mostrouse satisfeito pola acometida "por fin da humanización da Travesía do Pino", e explicou que a prioridade do goberno local é a "contratación rápida e as obras rápidas", polo que se optou por un procedemento público negociado que permitia que "antes de final de ano" estean rematados os traballos.
A aprobación de hoxe supón o comezo do proceso de licitación, adxudicación para a que se considerarán criterio como o menor prezo ofertado, o mellor plan de traballo, o mellor control de calidade das obras e o mellor prazo de garantías das mesmas, segundo anunciou o rexedor.
Becas de inglés
O alcalde tamén informou da "plasmación orzamentaria" aprobada pola Xunta de Goberno do programa de inmersión lingüística en inglés, un "programa pioneiro" que "só se está a realizar no Concello de Vigo" polo que 100 rapaces de colexios públicos vigueses "estudarán inglés e estudarán en inglés" gratuitamente durante tres semanas no Reino Unido e Irlanda.
O goberno aprobou hoxe o pago do 50% do total do custo das becas, 100.000 euros, á empresa encargada de realizar o servizo. A outra metade será abonada cando os rapaces estean de volta en Vigo.
Segundo explicou o rexedor, 111 nenos e nenas de Vigo superaron os requisitos solicitados polo Concello para optar ás becas: estudar nun colexio público e ter un mínimo dun 6 de nota en inglés, valorando positivamente pertencer a unha familia numerosa.
84 dos nenos superaron a puntuación mínima esixida, segundo explicou, e, entre os restantes nenos que cumpriron as condicións solicitadas, procedeuse a efectuar un sorteo público ante os padres para determinar os 16 solicitantes restantes.
O alcalde valorou de "excepcional" o proxecto, e felicitou en reiteradas ocasións á concelleira de Educación, Laura López Atrio, por ter convencido "un por un" a todos os centros públicos de Vigo da súa idoneidade.
Descargar todas as imaxes