venres, 29 agosto 2008

María Méndez expresa o seu compromiso de incrementar as axudas de libros, material escolar e comedor no curso 2009-2010

A Concelleira de Benestar Social, María Méndez, manifestou este venres o seu compromiso de incrementar o número de axudas para libros, material escolar e comedor para o curso 2009-2010 destinadas ao alumnado de centros escolares públicos e privados concertados de Educación Infantil (segunda etapa), Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria. A edil así o expresou na presentación do resultado da convocatoria correspondente ao curso escolar que comeza o vindeiro mes.

Anuncio de Persoal

Contratación interina de tres auxiliares de administración xeral

venres, 29 ago 2008

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 26 de agosto de 2008, adoptou acordo aprobando as bases rectoras do proceso selectivo para a provisión con carácter interino por acumulación de tarefas, de tres auxiliares de administración xeral, por un período máximo de seis meses.<br />

Anuncio de Recadación Voluntaria

Período de cobranza voluntaria para os padróns dos impostos sobre bens inmobles e actividades económicas dende o 1 de setembro ao 3 de novembro de 2008

venres, 29 ago 2008

Conforme co establecido no artigo 60.1 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 27 de decembro de 1995, e no uso das atribucións que me confiren, resolvo sinalar o período de cobranza voluntaria para os padróns dos impostos sobre bens inmobles e actividades económicas dende o 1 de setembro ao 3 de novembro deste ano.