O alcalde visita o novo parque infantil de Becerreira, onde se investiu 20.000 euros
Abel Caballero mostrouse "moi satisfeito" do resultado do novo parque infantil de Cabral e do "planeamento integral" que está a adoptar o Concello, no que "o centro e as parroquias son o mesmo", "os atendemos igual" explicou o alcalde. O departamento de Parques e Xardíns, que dirixe Raquel Díaz, investiu nesta dotación preto de 20.000 euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este venres o parque infantil da AVV de Becerreira, en Cabral; un parque de nova creación que substitúe ao anterior, que levaba "20 anos sen reformarse", subliñou o rexedor.
Abel Caballero, quen visitou a dotación acompañado pola responsable de Parques e Xardíns, Raquel Díaz, mostrouse "moi satisfeito" do resultado e do "planeamento integral" que está a desenvolver o seu goberno, polo que "o centro e as parroquias son o mesmo, os atendemos igual", salientou.
O alcalde destacou que se está a cumprir un compromiso político do seu mandato, priorizar os parques infantís en todo Vigo; e felicitou á concelleira e aos técnicos do seu departamento.
O parque contempla un firme "cómodo, con seguridade e atractivo", explicou o rexedor, adaptado para nenos pequenos e "de máis idade". Os preto de 20.000 euros de investimento serviron para a instalación dun xogo múltiple, de dous columpios, tres xogos de molle e un valado perimetral de madeira.
Descargar todas as imaxes