O Concello aproba unha subvención ao Fondo Galego de Cooperación
O Concello de Vigo concede unha subvención de 64.000 euros ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, organización que canaliza as aportacións dos concellos en materia de cooperación exterior para o desenvolvento.
Dende o ano 1999 o Concello é socio do Fondo, entidade na que están integrados actualmente 83 concellos e tres deputacións galegas.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha entidade sen ánimo de lucro que desde o ano 1997 traballa no ámbito da cooperación ao desenvolvemento. Entre as actividades que realiza subvenciona proxectos en países do terceiro mundo.
Este Fondo trata de homoxeneizar e impulsar as políticas de cooperación e solidariedade desde o poder local galego, atendendo a criterios favorecedores para o desenvolvemento e o benestar social, de superación do atraso, a pobreza e as desigualdades, pero tamén plasmando mecanismos de xestión democráticas das comunidades do Sur, habilitando fórmulas para a participación e control cidadá.
Proxecto de intervención social en Teis
As concellerías de Benestar Social, Xuventude, Igualdade e Normalización Lingüística únense para financiar un proxecto de intervención psicodepagóxica, lúdica e social dirixido aos menores de entre seis a doce anos, da paroquia de Teis desenvolvendo unha serie de actividades centradas no apoio educativo, escolar e de lecer. A dotación económica do proxecto é de 42.050 euros.