Escoitar

Últimos días para ver a exposición "De Vigo a Bos Aires, Laxeiro e a pintura galega de posguerra" na Casa das Artes

Ata o 1 de setembro pçodese ver na Casa das Artes a exposición "De Vigo a Bos Aires, Laxeiro e a pintura galega de posguerra", unha mostra colectiva que narra o ambente intelectual e artístico da cidade de Vigo durante a década dos anos corenta.

mércores, 27 ago 2008
1219839681laindustrial.jpg
Paisaxe industrial ( Laxeiro)
A través das obras de Colmeiro, Mario Granell, Isaac Díaz Pardo, o propio Laxeiro, Xohán Ledo, Urbano Lugrís, Maside, Julia Minguillón, Torres, e Luis Seoane, a exposición relata cómo despois da Guerra Civil, a cidade de Vigo fundionou como destino do exilio interior dos nosos artistas e intelectuais, convertíndose en auténtico motor cultural da Galicia de posguerra. Esta exposición viaxará ao Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela, onde se poderá visitar a partir do vindeiro día 9 de setembro, ata finais de ano.

No ano do Centenario de Laxeiro a Fundación que leva o seu nome está preparando unha interesante mostra que desde finais de setembro se poderá visitar na súa sede en Vigo e que, co título Laxerio ilustrador amosará unha faceta do artista pouco coñecida, a da súa colaboración con xornais e editoriais, na ilustración de textos, así como a súa producción de obra gráfica. Será en outono cando o Museo de Pontevedra dedique unha exposición ao primeiro Laxeiro e, xa a finais de ano, a Fundación Laxeiro inaugurará a exposición que co título O Laxeiro descoñecido nas coleccións privadas proporá un percorrido pola producción do artista menos coñecida. Ademais, a Fundación Laxeiro está xa na última fase da realización do Catálogo universal razoado que se editará en colaboración con Nova Galicia edicións, a finais de ano.
Descargar todas as imaxes