Os concertos que as bandas de música ofrecerán en Bouzas celebraranse ás 20.30 horas dende o vindeiro sábado<br />
Dende o vindeiro sábado, 30 de agosto, os concertos das bandas de música que se celebrarán no marco do programa "Ciclo de música bailable" en Bouzas celebraranse ás 20.30 horas, segundo anunciou este mércores o concelleiro de Cultura, Xesus López.
Os concertos que ata o de agora víñanse celebrando no torneiro da igrexa de Bouzas ás 21.30 horas pasarán a desenvolverse ás 20.30 horas, co obxectivo de facilitar a asistencia de todas as persoas interesadas en disfrutar coa música que ofrecerán as bandas Unión Musical de Cabral, Lira San Miguel de Oia e UVCD de Candeán.