A entrada soterrada do AVE, o Vigo Íntegra e o gran hospital reciben informes técnicos "favorables"
O alcalde de Vigo explicou hoxe xoves, en rolda de prensa posterior á Xerencia de Urbanismo, que os técnicos municipais deste departamento ditaminaron informes "absolutamente favorables" da entrada soterrada da Alta Velocidade, do plan Vigo Íntegra da Xunta de Galicia e do gran hospital de Vigo, "tres temas da maior importancia para esta cidade", subliñou Abel Caballero.