O alcalde destaca o benestar cidadá e o impulso económico do novo Plan Xeral, xa en vigor
O alcalde valorou a entrada en vigor do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, que hoxe luns entra definitivamente en vigor, salientando que esta "nova etapa" para a cidade supón benestar cidadá e un impulso a economía viguesa. Abel Caballero destacou do PXOM as 62.000 vivendas "libres de especulación", as zonas verdes, as novas infraestructuras e os 4,5 millóns de metros cadrados de chan industrial que contempla. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, definiu a posta en marcha definitiva do novo Plan Xeral, tras oito anos de tramitación, como "unha nova etapa na cidade", subliñando a mellora do benestar cidadá que contempla e o impulso da economía viguesa.
No tocante ao ámbito social, o alcalde salientou que o PXOM implica a baixada dos prezos das vivendas, tanto pola oferta de 120.000 novas que contempla como polas 62.000 "con algún tipo de protección e libres de especulación", accesibles ao "85% da poboación viguesa".
Tamén subliñou o rexedor as novas zonas verdes, os novos viais, a ronda, os túneis e o equipamento dotacional que inclúe un Plan que chega "no momento preciso", xa que atallará a crise da construción e así "en Vigo pasamos asistimos ao relanzamento do sector".
Abel Caballero salientou asemade que este "é un plan que equilibrado e uniforme; que desenvolve por igual as parroquias e o centro", e que contempla 4,5 millóns de metros cadrados de chan industrial.
Co novo Plan Xeral, "os vigueses gañarán en calidade de vida e en vivenda asequible", concluíu Abel Caballero.
Descargar todas as imaxes