Escoitar

Exposición pública do padron do IBI e do IAE

venres, 22 ago 2008
Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 158 de 19 de agosto de 2008, estará en exposición pública o Padrón do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e de bens de características especiais do ano 2008, dende o 20 de agosto ata o 4 de setembro ambos inclusive, no Negociado do Imposto Sobre Bens Inmoble do Concello de Vigo, de luns a venres, e na paxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador.

Os/as interesados/as poderán consultar o dito padrón e interpoñer contra os ditos actos con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao de finalización do período voluntario de pago ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 57/2003 de medidas para a modernización do goberno local.

IAE

Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm 158 de 19 de agosto de 2008, estará en exposición pública o Padrón do Imposto sobre actividades económicas correspondente ao ano 2008, dende o 20 agosto ata o 4 de setembro inclusive, no Negociado do Imposto Sobre Actividades Económicas do Concello de Vigo de luns a venres, e na paxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador.

Os/as interesados/as poderán consulta-lo dito padrón e interpoñer contra os ditos actos con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao de finalización do período voluntario de pago ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo anterior, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 57/2003 das medidas para a modernización do goberno local.