O alcalde anuncia un "esforzo" para ampliar a 100 as cámaras de tráfico
O alcalde, Abel Caballero, adiantou este xoves que, nos próximos anos, o goberno local realizará un "esforzo" para que as 75 cámaras de control do tráfico en Vigo cheguen ás 100. Este anuncio o realizou no transcurso da súa visita á Sala de Control de Tráfico do Concello, no que felicitou aos funcionarios polo seu "extraordinario" traballo.
O alcalde, Abel Caballero, e o concelleiro de Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, visitaron este xoves a Sala de Control de Tráfico do Concello de Vigo, onde o rexedor anunciou que se realizará nos próximos anos un "esforzo" para ampliar a 100 as 75 cámaras operativas na actualidade.
Segundo o rexedor, o principal problema á hora de ampliar o número de cámaras é o cableado. O Concello conta cunha rede propia que tamén debe ser incrementada para dar servizo aos novos dispositivos. As últimas cámaras instaladas dan cobertura, informou Abel Caballero, ao novo Centro Comercial A Laxe.
O alcalde salientou o "extraordinario" traballo dos funcionarios que permite unha vixilancia "permanente e automática" do tráfico. A este respecto, Abel Caballero explicou que a Sala conta cun programa que modifica, de xeito automático e en caso de alta densidade de vehículos, a regulación dos semáforos. Ademais, nos casos nos que sexa preciso, os propios funcionarios poden cambiar a regulación semafórica.
Abel Caballero felicitou aos traballadores e salientou que o tráfico rodado de Vigo "non vai mal", en relación con outras cidade como A Coruña, afirmou, onde "non hai color", aínda que sinalou que o goberno "aspira a melloralo".
A tenor das obras derivadas principalmente dos traballos de humanización e dos novos aparcadoiros soterrados que se están a realizar na cidade, o alcalde pediu "paciencia" e "cooperación" aos cidadáns, sobre todo porque as humanizacións irán aumentando nos vindeiros anos, explicou.
Descargar todas as imaxes