A Corporación guarda tres minutos de silencio en memoria das vítimas do accidente aéreo
Membros dos tres grupos políticos que conforman a Corporación Municipal guardaron este xoves tres minutos de silencio nunha concentración en memoria das vítimas do accidente aéreo de Baraxas e en solidariedade coas familias. O alcalde, que encabezou a concentración, trasladou todo o apoio dos vigueses nestes "duros momentos".
Representantes dos tres partidos da Corporación realizaron hoxe unha concentración de apoio ao familiares das persoas falecidas no accidente aéreo ocorrido onte no aeroporto madrileño de Baraxas.
A concentración comezou ás 12.00 horas na Praza do Rei, á entrada do edificio consistorial, onde o rexedor local, Abel Caballero, dedicou unhas palabras ás vítimas e aos seus familiares, trasladándolles o apoio de toda a cidade nestes "duros momentos". Ademais, as bandeiras do Concello ondean hoxe a media asta.
En declaracións aos medios, Abel Caballero mostrou o "sentimento" da cidade de Vigo aos achegados dos falecidos así como a "proximidade" cos afectados en todo o proceso". Así mesmo, transmitiu o desexo de que os feridos "recupérense canto antes".
O rexedor vigués destacou a importancia de que en todos os concellos do país impere a "solidariedade e a proximidade" cos afectados.
Descargar todas as imaxes