O alcalde comprometese a buscar vivendas para os enfermos neuromusculares<br />
O alcalde, Abel Caballero, recibíu este mércores a representantes da Asociación Galega de Enfermidades Neuromusculares, quenes solicitaron o apoio do Concello na procura de vivendas onde os enfermos poidan desenvolverse con normalidade. O rexedor comprometeuse a buscar vivendas e solo disponible para atender á "demanda xusta" de ASEM Galicia.
O alcalde, Abel Caballero, comprometeuse este mércores a buscar vivendas en Vigo adaptadas ás necesidades dos enfermos neuromusculares, para que estes poidan desenvolver a súa vida persoal coa normalidade coa que desempeñan a profesional.
"A sociedade ten que responder con solidariedade", explicou o alcalde, á "demanda xusta" plantexada este mércores pola Asociación Galega de Enfermidades Neuromusculares. ASEM Galicia lle transmitiu ao rexedor a súa necesidade de vivendas en Vigo agrupadas "nun número non inferior ás 14 persoas", sinalou Abel Caballero, para posteriormente solicitar á Xunta de Galicia a axuda e a asistencia pertinente para desenvolverse con normalidade.
O alcalde ofreceu a súa colaboración pois o Concello "ten que atender" ás demandas destas persoas, que ademais "contribúen activamente no proceso produtivo", salientou Abel Caballero. O rexedor anunciou que encargará aos departamentos municipais de Patrimonio e Urbanismo a procura de vivendas tanto xa dispoñibles como en proceso de asunción da súa propiedade, caso este ultimo que levará máis tempo, explicou.
Segundo adiantou, outra opción que baralla o primeiro edil é facilitar novo solo de ámbito dotacional do previsto no Plan Xeral para que a Xunta de Galicia e o Goberno de España poidan construír as residencias, dotadas do persoal de apoio preciso.
En Vigo se contabilizan ao redor de 600 persoas que padecen esta enfermidade, tal e como informou a Asociación ao alcalde. En Galicia, a cifra oscila entre os 3.000 e os 6.000 casos; e en España, o número ascende aos 30.000 aproximadamente.
Descargar todas as imaxes