170 deportistas participarán este domingo na Travesía a Nado da Ría
A Travesía a nado da Ría dispútase este domingo coa participación de 170 nadadoras e nadadores, o máximo permitido pola Capitanía Marítima. Patrocinada pola Concellería de Deportes, Xunta e Centro Comercial Gran Vía, a proba que organiza o Real Club Náutico vigués entra na súa novena edición coa ilusión de que este ano un galego supere a marca conseguida por David Meca en 2007 (44:58.56).
"Estou moi satisfeito polo apoio das empresas ao deporte", dixo Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, pois considera que o apoio do sector privado é básico para a continuidade da proba. Ademais, Alonso felicitou aos participantes por competir neste "reto". Segundo explicou, "esta inscrición supón que estes 170 nadadores fan deporte de xeito habitual, porque para unha proba como esta se necesita unha preparación previa de moitas horas". O concelleiro, que lembrou os puntos en común de ambas as lados da ría, aplaudiu o gran número de inscritos.
O copiloto de rallies Luís Rodríguez Moya, moi afeccionado a este tipo de probas, participará o domingo, e entre os favoritos figura Iván Brión (C.N. Riveira), dobre campión de España junior de augas abertas (en 5.000 e 10.000 metros); en categoría feminina destaca Raziel Mier (C.N. Ferrol). O percorrido, de 3.700 metros de longo, partirá ás 11.30 horas da premiada praia do Con, en Moaña (areal con bandeira azul), e chegará á dársena interior do Real Club Náutico. Onte, na rolda de prensa que tivo lugar nas instalacións da sociedade, o seu presidente, Franco Cobas, valoraba a resposta dos deportistas, tanto federados como non federados (tiveron que pechar a inscrición e había aínda 50 solicitantes máis), mentres que o seu vicepresidente, Celso López, recordaba que a actual xunta directiva recuperou desde 2006 unha proba que data de 1945.
Acompañaron a Franco Cobas e Xabier Alonso o xerente do Centro Comercial Gran Vía, Fernando Pinto; o comodoro do Club Moaña Mar, Manuel Pérez Bilbao; o concelleiro moañés Daniel Rodas e a delegada de natación do club, Pilar Pereira.
Descargar todas as imaxes