Escoitar

O enriquecemento ambiental,unha manualidade moi especial en Vigozoo

<br /> Os participantes dos campamentos verán en Vigozoo realizan entre outra actividades unha denominada "enriquecemento ambiental" que consisten na aplicación de técnicas que aumentan o benestar e a calidade de vida dos animais do zoo. Inclúen a propia composición social do grupo, o agoche de alimento e a achega de xoguetes entre outros.<br />

venres, 22 ago 2008
1219408551zoo19.jpg
As actividades dos campamentos de verán queren sumarses ás labores de enriquecemento e cos rapaces e rapazas participantes fabricanse distintos xoguetes para os osos, tigres, leóns, monos e algúns máis. Estes xoguetes realizados en material reciclado consisten en pequenos paquetiños de comida de distinto tamaño, balóns recheos de palla e comida de gato, e para os tigres e leóns: xirafas e cebras de cartón recheos de papel, palla e carne.

Despois da súa realización, os propios participantes son os encargados de introducilos ou agochalos dentro dos recintos, moitas veces entrando na propia instalación acompañados en todo momento polo persoal de vigozoo.Unha experiencia única para os acampados e moi necesaria para os animais.

Os vindeiros campamentos serán o 26-27 de agosto e o 4-5 de setembro.
1219408551zoo19.jpg
1219408567zoo1.jpg
1219408581zoo10.jpg
1219408596zoo15.jpg
Descargar todas as imaxes