Cen ciclistas, coa selección de Israel como estrela, no Díptico Internacioal este fin de semana
A selección de Israel é un dos pratos fortes do V Díptico Ciclista Internacional que este fin de semana disputarase en Vigo e percorrerá ata catorce concellos e no que participarán máis de cen ciclistas da categoría elite/sub 23.
Máis de cen ciclistas da categoría elite/sub 23, a antesala do profesionalismo, competirán primeiro no Gran Premio Vilas de Pontevedra, unha proba en liña Vigo-Vigo de 141 quilómetros que comezará mañá ás 13.20 horas, e ao día seguinte no XXXV Gran Premio Cidade de Vigo, con saída (10.30 horas) e chegada na Bouza (rúa Padre Seixas) dun circuíto de 9,4 quilómetros ao que darán doce voltas e que non só é urbano, pois os ciclistas accederán á VG-20 (segundo cinto). A saída de mañá será neutralizada desde A Madroa e lanzada desde Travesía de Vigo con Buenos Aires (13.40).
O presidente do Club Ciclista Vigués, Carlos Vidal, amosouse satisfeito pola entrada no díptico da selección israelita, grazas a "unha negociación que foi moi laboriosa, falamos con eles en Chequia", dixo, e agradeceu tamén o apoio institucional e dos patrocinadores. Tenencia de Alcaldía, Concellería de Deportes, Xunta e Deputación apoian esta proba, que conta tamén co patrocinio de Caixanova e Coca-Cola, entre outros.
A organización confirmou a presenza dos principais clubs galegos (Caixanova Spol, Chint Autronic C.C. Vigués, Frisonoble, Super Froiz...), os portugueses Tremovar e Maia, e equipos doutras comunidades autónomas como o Diputación de León, Fuenlabrada, Caixa Rural (Navarra) ou o Construcciones Paulino ovetense.
Xabier Alonso, concelleiro de Deportes, felicitou ao Club Ciclista Vigués polas súas iniciativas organizativas, felicitación que fixo extensiva a todo o tecido deportivo local, e advertiu de que o Gran Premio Cidade de Vigo é todo un clásico xa gañado por corredores como Óscar Pereiro, Álvaro Pino ou Blanco Villar, e que achega "ciclismo de calidade", asegurando que as zonas de Maceiras e Covelo "son auténticos rompepernas" que porán a proba aos inscritos.
A organización destacou que o gañador amosará ser un ciclista "completo" porque o díptico está pensado como "unha proba de forza e resistencia" no seu primeiro día e de "potencia e velocidade" o segundo, dixo Vidal.
Descargar todas as imaxes