O Plan de Competitividade Turística de Vigo contempla o investimento de máis de 5 millóns de euros para potenciar o sector na cidade
Incremento dun 20 por cento das pernoctacións na cidade de Vigo para o 2013, aumento dun 18 por cento do número de visitantes estranxeiros, desestacionalización do turismo e consolidación do emprego no ámbito da hostelería son algúns dos obxectivos que plantexa o Plan de Competitividade Turística presentado esta mañá polo tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez.
Trátase, segundo explicou o tenente de alcalde, dun programa de apoio para o lanzamento e expansión de produtos turísticos nun contexto internacional no que se prevé investir máis de cinco millóns de euros nos vindeiros anos.
O tenente de alcalde explicou que este proxecto xa foi presentado á Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia para a súa presentación posterior á Secretaría de Estado de Turismo co obxectivo de "suplir a carencia de planificación existente ata o de agora no ámbito de turismo da cidade". Nesta candidatura, Vigo opta á concesión dun Plan de Competitividade, na súa modalidade de Destinos Turísticos de Proxección Internacional baixo o epígrafe "Vigo, Turismo Urbano & Ría", centrado no desenvolvemento dun producto urbano cunha característica diferencial, respecto a outros xa existentes, como é a presenza da Ría como configuradora da paisaxe e a identidade da cidade e, sobre todo, como recurso para crear servizos diferentes aos doutras propostas.
"O produto urbano de Vigo aposta como elemento destacado polo turismo de negocios: convencións, feiras, e congresos e outros eventos", explicou o tenente de alcalde, quen subliñou que este é xa un segmento no que Vigo xa conta cunha importante tradición e un gran potencial de crecemento. Neste sentido, lembrou que no IFEVI, ao longo do 2007 se celebraronse 27 actividades, relacionadas sobre todo cos sectores da automoción, a industria naval e pesqueira, que supuxeron un total de visitantes de 1.053.362.
Ademais do turismo de negocios, o proxecto quere tamén reforzar tamén os compoñentes de ocio urbano, náutica e cultura, nos que a cidade tamén ten experiencia, como é a celebración da Volvo Ocean Race, a Cutty Sark. Ao respecto, a chegada de cruceiros á cidade tamén xoga un papel importante, posto que se no ano 2007 foron 89 trasatlánticos os que chegaron a Vigo con 151.000 cruceiristas, neste ano 2008 son 114 os cruceiros previstos, que traerán a Vigo máis de 200.000 turistas.
Na súa intervención, o tenente de alcalde sinalou que a cidade, no 2007, recibiu un total de 401.232 viaxeiros, mentres que foron 731.351 as pernoctacións rexistradas. Tendo en conta este dato, sinalou como un dos obxectivos prioritarios o incremento dun 20 por cento das pernoctacións na nosa cidade para o ano 2013, así como o aumento do 18 por cento do número de visitantes estranxeiros para o 2013 e entre o 25 e o 28 por cento para o 2019. Segundo Santi Domínguez, o plan tamén persegue incrementar o turismo urbano, de xeito que a cidade sexa o segundo destino urbano da España Verde, tras Bilbao, para o que é preciso desestacionalizar o turismo, reducindo a porcentaxe de pernoctacións nos meses de xullo e agosto, pasando do 24,5 por cento no 2007 ao 22 por cento no 2013 e ao 15-17 por cento no 2019.
O desenvolvemento do Plan de Competitividade Turística de Vigo implica a realización de diferentes actuacións na cidade por parte de diferentes entidades como o Consorcio do Casco Vello, o Concello ou mesmo a iniciativa privada para acadar o desenvolvemento dun bo produto dun xeito planificado. Para elo, o plan contempla o investimento de 5.632.000 euros, financiados a partes iguais polo Concello de Vigo, a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. Desta cantidade, o 44 por cento corresponde aos traballos de márketing e comercialización.
"Non se pode caer no que se fixo nos últimos anos e limitarse a facer parches, porque non ten sentido facer unha promoción puntual se non se desenvolve unha xestión continuada", subliñou. Neste sentido Santi Domínguez explicou que nunha primeira fase, o Plan de Competitividade Turística de Vigo implica o impulso da Fundación Vigo Convention Bureau, como ente de xestión do turismo, que xa conta coa aprobación dos seus estatutos, así como a creación dun observatorio turístico .
Descargar todas as imaxes