Escoitar

Vigo acollerá en outubro unha convención que reunirá a preto de 1.000 empresas do sector da automoción

O alcalde recibíu este luns á Xunta Directiva de ANCERA, a Asociación de Comerciantes e Distribuidores do Recambio para a Automoción de Galicia, que organizará en outubro unha convención na que as empresas de automoción de Galicia valorarán o estado da industria auxiliar. Abel Caballero salientou que esta será o encontro "de maior envergadura de Galicia e seguramente de España".

luns, 25 ago 2008
1219670240ancera.jpg
Xunta directiva de ANCERA
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuniuse hoxe luns coa Xunta Directiva da Asociación de Comerciantes e Distribuidores do Recambio para a Automoción de Galicia, ANCERA; encontro no que detallouse a próxima convención que reunirá en Vigo en outubro a preto de 1.000 empresas do sector para analizar o estado da industria auxiliar do automóbil.

Abel Caballero destacou que será o encontro "de maior envergadura de Galicia e seguramente de España", polo que o alcalde transmitiulles o apoio do Concello de Vigo. Estas iniciativas, en verbas do rexedor municipal, afondan na súa intención de "transformar Vigo na gran cidade do automóbil de España", pois a cidade xa é referente no noroeste peninsular.

Real Clube Náutico de Vigo
Previamente ao encontro con ANCERA, o alcalde recibiu a representantes do Real Clube Náutico de Vigo, que está a levar a cabo unha obra que se tiña que haber feito "fai vinte ou trinta anos", resaltou Abel Caballero.

A entidade, segundo informou o rexedor, retirou o fosa séptica da súa edificación que vertía directamente ao mar; para pasar a estar conectado ao saneamento do Centro Comercial de A Laxe.
1219670240ancera.jpg
1219670266nautico.jpg
Descargar todas as imaxes