Escoitar

O alcalde pasa revista ás necesidades da Guardia Civil co seu novo Capitán

Abel Caballero mantivo este luns un encontro protocolario con Francisco Javier Torres Bonache, o novo Capitán da entidade, onde pasaron revista ás necesidades da Guardia Civil na cidade. O alcalde anunciou que retomará a idea de construir unha nova instalación que aglutine todos os dispositivos do corpo.

luns, 1 set 2008
1220272146guardiacivilpeq.JPG
O alcalde, Abel Caballero, e o novo capitán da Guardia Civil, Francisco Javier Torres Bonache, pasaron revista este luns ás necesidades da entidade na cidade.

Tras a visita protocolaria, o rexedor anunciou que estudará a construción dunha nova instalación na estrada de Madrid, na subida ao Meixoeiro, que unifique todos os dispositivos da Guardia Civil en Vigo. Esta idea foi promovida fai tres anos pola propia entidade, e o alcalde avanzou que falará co responsable en Galicia do corpo para coñecer como está a situación e, a partir de entón, retomaría a idea.

Veciños de Elduayen
Posteriormente á reunión co novo Capitán, o alcalde recibiu a representantes da Asociación de Veciños de Elduayen, quenes se queixaron dos "ruídos excesivos" producidos polas festas celebradas este verán na zona centro.

Abel Caballero salientou que, en vindeiros anos, se planificará as celebracións xunto cos veciños para a tranquilidade dos mesmos. "O ruído é unha das cuestións que esta cidade ten que tomarse moi en serio", valorou o rexedor.
1220272146guardiacivilpeq.JPG
1220272740aa.JPG
Descargar todas as imaxes