Os orzamentos municipais de 2009 incrementan o gasto un 6%<br />
O goberno local aprobou este venres os orzamentos do Concello para 2009, que ascende a 227 millóns de euros, dos que 214 se destinarán a gasto efectivo, un 6% máis que en 2008, e os investimentos reais acadan os 21 millóns de euros, un 4,5% máis que no pasado exercizo. O alcalde salientou o "esforzo" do goberno en humanizacións que, con 9,4 millóns, representa o 45% dos investimentos totais. <br />
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta este venres da aprobación dos orzamentos municipais para 2009, en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local. A cifra ascende aos 227 millóns de euros, dos que 214, un 6% máis que en 2008, se destinan ao gasto efectivo.
Abel Caballero explicou, acompañado pola edil de Economía e Facenda, as dúas orientacións principais do goberno local á hora de elaborar os orzamentos: os investimentos "que fan cidade" e os gastos sociais. Segundo o alcalde, o "esforzo do goberno para o desenvolvemento e mellora da cidade" se ratifica no incremento dun 6% do gasto.
Ademais, os investimentos reais tamén se incrementaron nun millón de euros, un 4,5% máis, acadando os 21,7 millóns de euros. A este respecto, o alcalde destacou os incrementos experimentados nas partidas para material de bombeiros, un 15%; para Medioambiente, nun 39%; e para Parques e Xardíns, que medra un 87% a partida.
Os orzamentos destinan asemade 200.000 euros para o bicentenario, 90.000 para a World Fishing Exhibition, 400.000 para o aprendizaxe do inglés e as becas no Reino Unido e Irlanda e 200.000 para o Desafío Atlántico. O alcalde explicou que os cargos electos verán conxelados as súas retribucións e que a Xerencia de Urbanismo incrementará o seu persoal con 35 novos traballadores co fin de desenvolver o novo Plan Xeral.
O alcalde felicitou á edil de Economía e Facenda, a socialista Raquel Díaz, polo seu "esforzo" na elaboración das contas, e destacou que Vigo é "a primeira cidade de Galicia que aproba en Xunta de Goberno os seus orzamentos", e con probabilidade "unha das primeiras de España". Abel Caballero subliñou que é o segundo ano consecutivo no que os orzamentos se inician en prazo, algo que non acontecera "nos últimos 16 anos".
Humanizacións
Especial atención mereceu ao alcalde as humanizacións, que rexistran un ascenso do 17%, pasando dos 8 millóns consignados para 2008 aos 9,4 de 2009. O investimento en mellora das rúas representa así o 45% do total das inversións, indicou o rexedor, e ratifica este tipo de actuacións de mellora como unha das "patas chave" do mandato que preside.
Algunhas das rúas a humanizar no vindeiro 2009, citou o alcalde, serán as continuacións de Travesía de Vigo, Calvario, Sanjurjo Badía, Bouzas e Balaídos e do entorno de POVISA ata a Praza de España, xunto con rúas de Coia, Alcalde Portanet, o entorno de Casablanca, Torrecedeira, Tomás Alonso e o entorno do ámbito de Álvarez.
Descargar todas as imaxes