luns, 20 out 2008
O edil de Participación Cidadá, Santos Héctor, presentou este luns as liñas principais do convenio asinado coa Asociación Fontaiña, polo que se formará aos voluntarios que o soliciten en medioambiente. Ata o momento, son xa 165 os apuntados para participar, aínda que está aberto a todos aqueles que queiran anotarse na Concellería. Algunhas das actividades son a vixilancia ambiental do litoral e do Lagares.
luns, 20 out 2008
O tenente alcalde, Santi Domínguez, anunciou este luns a reanudación de convenios de colaboración entre as áreas que o BNG xestiona no Concello de Vigo, especialmente Cultura e Benestar Social, e o colectivo arxentino residente na cidade. O nacionalista así o manifestou tras a xuntanza que mantivo co cónsul xeral de Arxentina, Roberto Eduardo Gudiño, "a petición expresa do novo cónsul".
luns, 20 out 2008
A cidade de Vigo disporá, a partir do vindeiro mes, dun novo programa de atención ás persoas maiores ou dependentes, que é o denominado "Xantar na casa", segundo adiantaron este luns o tenente alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez. Os representantes nacionalistas explicaron que este programa de servizo de comida a domicilio, impulsado pola Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar, desenvolerase a través dun convenio entre o Concello de Vigo e o Consorcio Galego do Benestar.