Elena Maure presenta os obradoiros que xestiona Patrimonio Histórico para dar a coñecer o legado arqueolóxico de Vigo
Protexer e divulgar o "variado, importante e descoñecido" legado arqueolóxico existente no municipio de Vigo é, segundo a concelleira de Patrimonio Histórico, Elena Maure, o principal obxectivo dos obradoiros que xestiona o seu departamento no Centro de Divulgación Arqueolóxico Municipal (CEDAM). Na presentación das actividades, a concelleira nacionalista salientou que Patrimonio Histórico oferta ao público iniciativas nas propias instalacións do CEDAM, no Museo Quiñones de León, na vila romana de Toralla e conta, ademais, cun museo arqueolóxico itinerante
A edil do BNG explicou que un dos obradoiros se centra na investigación do período da prehistoria, tanto o paleolítico como o neolítico nas instalacións do CEDAM, ubicadas na parroquia de Saiáns, onde se poderán visitar as diferentes salas. Durante a visita as persoas participantes poderán experimentar en que consiste o proceso científico que permite coñecer un tema do pasado a través dunha simulación arqueolóxica e a interpretación do atopado na escavación. Este obradoiro terá lugar os luns e os martes, e para participar nel é preciso reservar cita no CEDAM, de luns a venres en horario de 10 a 13.30, ou no teléfono 986 460 812.
A actividade que se desenvolverá no Museo Quiñones de León, neste caso os xoves e os venres, está adicado "á cultura castrexa e á romanización", segundo salientou a concelleira de Patrimonio Histórico, quen sinalou que se desenvolverá coa mesma dinámica que o do CEDAM, é dicir, simulando unha escavación arqueolóxica e interpretando atopado, pero referido a un período posterior na historia. Así, as persoas que participen no obradoiro poderán experimentar coas diferentes técnicas e utensilios dos períodos investigados.
Elena Maure indicou que existe unha terceira opción, a visita monitorizada ao xacemento da vila romana de Toralla, de xeito que durante 90 minutos se poderá coñecer no propio xacemento a súa historia, fundación e distribución de espazos, e todo ilo poderase contextualizar coa utilización de réplicas dos obxectos arqueolóxicos alí atopados. Para participar nesta actividade, prevista para os mércores, as persoas interesadas deberán solicitalo no Museo de Castrelos, chamando ao teléfono 986 295 070.
En canto ao museo itinerante, o monitor e responsable do CEDAM, José Valtierra, sinalou que está constituído por 75 réplicas arqueolóxicas, catro paneis enrollables e diverso material de apoio, como as maletas didácticas de prehistoria, cultura romana e cultura castrexa. Estas maletas atópanse depositadas no Museo de Castrelos, e alí se poden solicitar mediante un formulario. Segundo Valtierra, o obxectivo deste material consiste en que os centros educativos teñan a oportunidade de "montar un mini museo arqueolóxico" antes de facer a visita real a un museo. "En conxunto, a oferta de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo é unha das quince mellores de toda a Península", subliñou o responsable do Centro de Divulgación Arqueolóxico Municipal.
Os obradoiros presentados este venres pola concelleira de Patrimonio Histórico están dirixidos fundamentalmente á comunidade escolar, sen un nivel específico de recepción, esto é, poden ser empregados dende cursos de primeiro de Primaria ata grupos universitarios. Porén, a edil do BNG salientou que dado o "alto interese pedagóxico e científico" tamén poden ser solicitados por público familiar, grupos profesionais ou colectivos culturais.
Descargar todas as imaxes