Escoitar

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial podería operar "nunha ou dúas semanas"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o Secretario Xeral de Exteriores, Julio Fernández Mato, mantiveron este xoves un encontro no que acordaron que o Concello redacte o convenio de cesión das aproximadamente seis oficinas que precisa a Agrupación no edificio municipal do Areal, o antigo Reitorado. Vigo se converterá así na "capital real da Eurorrexión", salientou o rexedor.

xoves, 16 out 2008
1224168581P1010151.JPG
O alcalde e o Secretario analizaron este xoves a posta en marcha no edificio municipal do Areal da Agrupación Europea de Cooperación Territorial, que ocupará, segundo estimou Abel Caballero, unhas seis oficinas.

En rolda de prensa posterior, o alcalde explicou que ambos acordaron que o Concello redacte o convenio de cesión do uso das instalacións, un proceso que podería levar "unha ou dúas semanas", tempo no que podería comezar a funcionar a Agrupación.

Abel Caballero destacou que Vigo se converte así na "capital real da Eurorrexión" Galicia Norte de Portugal, polo que o Concello non escatimará recursos. Tanto o alcalde como o Secretario desexan que se inicie "con premura" os traballos da Agrupación, o que servirá para dinamizar os proxectos de cooperación transfronteriza, como podería ser -aínda que o alcalde deixou claro que non significa que se realice- unha liña de autocares regular entre Vigo e Porto, como exemplo.
Descargar todas as imaxes